Construción antiga que sufriu sucesivas reformas, sendo a máis importante en 1738 coa construción do cruceiro. De planta rectangular con dous alpendres a cada lado, fabricada en mampostería de granito e lousa rebocada de branco, cos reforzos de vans e esquinales de sillares graníticos, e a cuberta de lousa a dúas augas en nave, a catro en presbiterio e a unha en pórticos laterais. Sancristía na cabeceira. Fachada principal con dobre porta adintelada, dobre ventá e campanario de dobre corpo. Valiosos retablos barrocos con esculturas no seu interior. A Virxe do Monte é patroa da Terra Chá, protagonista da lenda das orixes da lagoa e á que se garda gran devoción. Outrora celebrábase soada romaría, con visita obrigada á fonte da Virxe, a escasos metros