Pazo de Sistallo

Pazo de Sistallo

Propiedade privada non visitable. Leira situada ao pé dunha ladeira. Pazo enfrontado á porta, a certa distancia desta. Leira con xardíns e con especies de plantas de tódalas partes do mundo. Fermosa fonte de granito sobre a que destaca unha figura de madrona sostendo unha lenda. Edificio barroco de aspecto grandioso, con carácter de casa de campo. Fundación dos Verde e dos Montenegro. Planta rectangular, dúas plantas e tellado de laxa a catro augas; muros de laxa revogados e encalados, salvo ocos, esquinales e beirado. Fachada principal case simétrica, con tres portas; sobre a principal, fortemente moldurada, balcón e peite que acolle o escudo. Na fachada O., escaleira de pedra e patín. Escaleira interior monumental. N capela, gran retablo renacentista. Este lugar data do século XVIII e tén un espectacular estilo barroco. Obra do arquitecto que tamén estivo involucrado na construción da fachada do Obradoiro na Catedral de Santiago. O edificio conta con tres plantas e unha capela renacentista á cal se pode acceder desde o interior e o exterior. Un paso a través de estanques, fontes, árbores froiteiras e especies vexetais autóctonas e exóticas. A parte dos estanque é preciosa dotándo ao xardín dunha beleza única xunto á flora que alí habita e as estatuas italianas que adornan o espazo.

Curiosidade:

O Marquesado de Benemejís de Sistallo é un Título nobiliario español creado o 2 de febreiro de 1762 polo rei Carlos III, coa denominación de “marquesado de Benemejís” a favor de María Ana de Tárrega Sanz da Llosa e Roca de Malferit, señora de Benemejís, Senlleira, en Ayacor provincia de Valencia, neta de Jacinto Roca e Ferrer, I marqués de Malferit. A súa denominación orixinal de “Benemejís” foi substituída pola actual de “Benemejís de Sistallo” en 1816. A súa denominación fai referencia á localidade de Benemejís (Valencia), de onde era Señora a primeira marquesa, así como á localidade de Sistallo provincia de Lugo, onde o seu esposo, da familia Verdes-Montenegro, posuía o Pazo de Sistallo. Este Título foi ostentado sucesivamente polos apelidos Tárrega, Verdes-Montenegro, Salavert, de Pedro e ultimamente por Iturralde.

  • Visita exterior
  • Patrimonio
  • Accesibilidade