Ponse en coñecemento de todos os veciños e veciñas das parroquias de Momán, Xustás, Bexán, Roás, e dos nucleos de Arneiro, Mide, O Pacio e Costa Zapateira, que, tras os controis ordinarios realizados na rede de abastecemento de auga da traída municipal, detectouse unha alteración nos parámetros de potabilidade, motivo polo cal deberán absterse temporalmente do consumo de auga da rede para para beber, cociñar ou preparar alimentos ata a realización de novas análises de confirmación.
Trátase dunha incidencia puntual e preventiva, sobre a que xa se está actuando coa máxima dilixencia, esperándose dispoñer de novos resultados en breve prazo.
O Concello informará oportunamente en canto se dispoña dos resultados dos novos controis e restablézase a normalidade.