O Concello de Cospeito convoca catro prazas de peon e unha praza de xefe de brigada para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais.
Prazo de presentación de instancias: dentro dos 5 (Cinco) días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no xornal El Progreso de Lugo.
Modelo de instancia e bases: estarán a disposición dos interesados na páxina oficial do Concello de Cospeito www.concellodecospeito.es, nas Oficinas Xerais do Concello (horario de 9:00 a 14:00 horas), ou previa solicitude no correo electrónico: adlcospeito@concellodecospeito.es.
