A través da Campaña “Cospeito en Negro” o concello súmase a esta iniciativa que busca concienciar aos veciños/as de Cospeito.

O concello de Cospeito participa na Campaña “En Negro Contra as Violencias Machistas” coordinada a través do Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do seu concello. A iniciativa en Cospeito suma xa a máis de cen establecementos comerciais entidades e asociacións do concello que colaboran nesta iniciativa que busca a visibilización do problema e a sensibilización e concienciación da poboación en xeral.

Baixo o lema “Cospeito en Negro” o noso concello propón vestir de loito os escaparates, maniquíes, mesas de restaurantes e bares e ao propio persoal traballador en sinal de loito por todas aquelas mulleres que sofren ou faleceron por mor da violencia machista.

A iniciativa terá lugar entre os días 19 e 25 de novembro. O Alcalde Armando Castosa Alvariño  e a corporación municipal agradecen de antemán a implicación dos establecementos comerciais e axentes sociais do Concello pola boa acollida da acción e dado que eles son os grandes protagonistas da vida social do noso concello e das nosas rúas, por eso queren animalos a participar activamente para todos xuntos mandar unha mensaxe unánime de denuncia e solidaridade á veciñanza: “queremos un Cospeito libre de violencias para todos e todas”.

Na semana do 19 ao 25 ademáis de animar a toda a poboación a utilizar a cor negra en sinal de loito celebraranse unha serie de actos o venres día 23 de novembro na sede do noso concello na que ás 12:00 horas se celebrará un acto, simultáneo conxuntamente cos outros 102 concellos de Galicia adheridos á campaña, no que participarán alumnos dos centros educativos do noso concello que levarán a cabo unha acción de concienciación. O acto rematará coa lectura dun manifesto e a posterior Andaina Contra a Violencia de Xénero polo entorno da Lagoa de Cospeito na que vos animanos a participar a todos/as.

DESCARGA DE DOCUMENTACIÓN:

PROGRAMA-ACTOS-25N-COSPEITO

carta a establecementos comerciais de COSPEITO

identificadores 10,5 x 14 cm cospeito en negro

Logo-Cospeito-en-negro