A X edición do Mercado de Nadal comenzará o vindeiro luns 10 de decembro e rematará o sábado 5 de xaneiro do 2019 (Día da Cabalgata de Reis). A Xunta Directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta, a cal engloba a gandeiros, profesionais e autónomos da vila, segue desenvolvendo as súas actividades concretadas na reunión dos pasados días.

Os premios a repartir serán trece vales de 100,00 € cada un deles aos donos das papeletas que coincida cos tres últimos números do primeiro da Lotería de Reis que se celebra o vindeiro 6 de xaneiro do 2.019. Ditos vales, deben ser consumidos, coma sempre, nos negocios que pertencentes ao colectivo empresarial, nos trintas días posteriores a súa entrega.

Neste ano, manténse o período para que os gañadores dos vales se den a coñecer aos membros da Xunta Directiva ou do negocio que lle entregou dita papeleta, para facer entrega do vale do premio. Teñén que informar antes de que remate o martes 15 de xaneiro. Igualmente, non será válido que se gaste o valor do premio antes da entrega do vale.

Este ano, o colectivo empresarial repartirá un total de mil trescentos euros en total que se poñeran a disposición de toda a xente que merque en Muimenta nesta campaña de Nadal. Nesta edición está confirmada a participación dun total de 22 negocios. A iniciativa xurdiu no ano 2.009, como unha maneira de incentivar as compras de Nadal nos negocios da parroquia.