O Concello de Cospeito e a Asociación Recreativa Cultural San Martiño de Pino, convocan,  en colaboración con  Culturalia GZ o I CERTAME DE POESÍA TORRE DE CALDALOBA, co fin de poñer en valor este monumento histórico, promover a súa conservación e, asemade, fomentar a creatividade e estimular a creación poética.

Poderán concorrer ao certame todos os autores e autoras que o desexen, calquera que sexa a súa finalidade, sempre que presenten as súas obras en lingua galega.

Establécense as seguintes categorías:

– Menores de 18 anos.

– De 18 anos en adiante