O xurado da primeira edición do certame de poesía Torre de Caldaloba, que promoveu o Concello de Cospeito, concedeu o premio a Xesús Rábade Paredes; mentres que o ouresán Paulino Peña Vázquez recibiu o segundo premio. Na categoría de menos de 18 anos, a gañadora foi Andrea Sanjurjo A Pobra do Caramiñal), mentres que segundo foi Yaré Brea (A Coruña). O xurado valorou a obra gañadora, precisamente sobre a Torre de Caldaloba, «pola súa imaxinación e riqueza). O alcalde de Cospeito, Armando Castosa, amosaba a súa satisfacción polo éxito de participación, con 52 traballos presentados, e pola calidade dos mesmos, como destacou o xurado. Ademais, indicou «que foi unha sorpresa agradable que o gañador fose nado en Cospeito e unha figura relevante das nosas letras». O premio entregarase o sábado 15 de decembro, ás seis da tarde, no local social de Pino. O gañador recibirá 1.500 euros e a publicación da obra.