“COSPEITO EN CLAVE DE XÉNERO: ELAS” é unha iniciativa de igualdade que inclúe actividades vinculadas co arte, a igualdade, a educación e a música e que nace co obxectivo de visibilizar e homenaxear a algunhas desas grandes mulleres pioneiras na historia que quixeron cambiar o rumbo da súa vida en prol da igualdade e da xustiza social e tamén a 9 mulleres do noso concello do rural galego mostrando como foi mudando o papel da muller ao longo da historia, dándolles voz e imaxe e mostrando a súa historia de vida e como lles ten influído o feito de ser mulleres e convidando así á sociedade á reflexión. Esta pequena mostra de mulleres simbolizan o pasado, presente e futuro da nosa sociedade e son espello da evolución da comarca co paso do tempo.
A iniciativa , que está organizada e coordinada polo Departamento de Servizos Sociais do Concello de Cospeito, está financiada pola Secretaría de Estado de Igualdade dentro do marco do Pacto de Estado pola Violencia de Xénero, inclúe:
– A EXPOSICIÓN efímera ELAS.
Accións artísticas de ARTE URBÁN “lettering” realizadas polo artista lucense, recoñecido a nivel internacional IAGO EIREOS.
Un TALLER DIDÁCTICO “arte, xénero e igualdade” o día 21 de xuño con alumnado do centro educativo CPI de Virxe do Monte executada polo artista.
– A presentación e acto central será o día 25 de xuño ás 13:00 horas na Praza do Concello nun acto cun CONCERTO homenaxe ás nosas mulleres ofrecido por Noelia Geada e David Taboada e coa colaboración do grupo local de música tradicional “Asubíos da Chaira”