A Xunta busca «consenso» co Concello de Cospeito e as asociacións de Muimenta para buscar melloras na conexión por autocar entre Muimenta e Lugo, na procura de «impulsar unha fórmula que sexa satisfactoria para todos» O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, desprazouse o luns a Cospeito e mantivo unha reunión co alcalde, Armando Castosa, o concelleiro de Muimenta, Daniel Paz, e a xefa do servizo de mobilidade de Lugo, Pilar Represa.

Nesta primeira xuntanza non estiveron presentes os representantes das asociacións de Muimenta que esixen recuperar o servizo, xa que alegaron falta de dispoñibilidade por cuestións laborais.