O Concello de Cospeito e a Asociación Recreativa Cultural San Martiño de Pino, convocan, en colaboración con Culturalia GZ o I CERTAME DE POESÍA TORRE DE CALDALOBA, co fin de poñer en valor este monumento histórico, promover a súa conservación e, asemade, fomentar a creatividade e estimular a creación poética.
Poderán concorrer ao certame todos os autores e autoras que o desexen, calquera que sexa a súa finalidade, sempre que presenten as súas obras en lingua galega.
Establécense as seguintes categorías:
– Menores de 18 anos.
– De 18 anos en adiante

