A través da Campaña “Cospeito en Negro” o concello súmase, un ano máis, a esta iniciativa que busca concienciar aos veciños/as de Cospeito.
O concello de Cospeito participa na Campaña “En Negro Contra as Violencias Machistas” coordinada a través do Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do seu concello. A iniciativa en Cospeito suma a máis de cen establecementos comerciais entidades e asociacións do concello que colaboran, por segundo ano consecutivo, nesta iniciativa que busca a visibilización do problema e a sensibilización e concienciación da poboación en xeral.
Baixo o lema “Cospeito en Negro” o noso concello propón vestir de loito os escaparates, maniquíes, mesas de restaurantes e bares e ao propio persoal traballador en sinal de loito por todas aquelas mulleres que sofren ou faleceron por mor da violencia machista.
Queremos que en novembro de 2019 Cospeito volva a tinguirse de negro arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero e para iso precisamos da vosa implicación.
A campaña En Negro Contra As Violencias, que terá lugar entre os días 18 e 25 de novembro, busca SENSIBILIZAR E DENUNCIAR SOCIALMENTE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Cómo Participar?
►UTILIZA os materiais que se che están a facilitar dende o teu Concello, REUTILIZA os da pasada edición para vestir de negro o teu negocio, escaparate, tenda ou lugar de traballo.
►INXENIA novas ideas! A imaxinación será a nosa aliada! Pensa en como chamar mellor a atención!
►Dalle visibilidade á campaña do 18 ao 25 de novembro.
►Comparte a túa foto e/ou a túa mensaxe e envíanola por whatsapp ao número: 626848414 ou vía correo electrónico a servisociais@concellodecospeito.es. Coas fotos enviadas polas empresas e tecido asociativo na pasada edición realizamos este collage para este ano 2019.
►Posiciónate contra as violencias machistas nas redes sociais: Etiqueta nas redes sociais #GaliciaEnNegro #ContraAsViolencias #EnNegro2019 #CospeitoEnNegro #EnNegroContraAsViolencias
O Alcalde Armando Castosa Alvariño e a corporación municipal agradecen de antemán a implicación dos establecementos comerciais e axentes sociais do Concello pola boa acollida da acción e dado que eles son os grandes protagonistas da vida social do noso concello e das nosas rúas, por eso queren animalos a participar activamente para todos/as xuntos/as mandar unha mensaxe unánime de denuncia e solidaridade á veciñanza: “queremos un Cospeito libre de violencias para todos e todas”.
Na semana do 18 ao 25 ademáis de animar a toda a poboación a utilizar a cor negra en sinal de loito o día 25 de novembro na sede do noso concello ás 12:00 horas celebrarase un acto, simultáneo conxuntamente cos outros máis de 110 concellos de Galicia adheridos á campaña, no que participarán alumnos/as do centro educativo CPI Virxe do Monte do noso concello que levarán a cabo unha acción de reflexión e concienciación. O acto rematará coa lectura dun manifesto e a posterior II Andaina Contra a Violencia de Xénero polo entorno da Lagoa de Cospeito na que vos animanos a participar a todos/as. Nos vindeiros días publicarase o programa de actos definitivo.
Moitas grazas a todos e a todas.
DESCARGA DE DOCUMENTACIÓN:
PROGRAMA-ACTOS-25N-COSPEITO
carta a establecementos comerciais de COSPEITO
identificadores 10,5 x 14 cm cospeito en negro
Logo-Cospeito-en-negro