Medio Ambiente
|Concello de CospeitoINTRODUCIÓN
A protección do medio ambente é esencial para a calidade de vida das xeneracións actuais e futuras, e da conservación deste os responsabeis somos nós, os habitantes do planeta.
O medio ambiente é o conxunto de tódalas cousas vivas que nos rodean. Deste obtemos auga, comida, combustibeis e materias primas que serven para fabricalas cousas que utilizamos diariamente.
Ó abusar ou facer mal uso dos recursos naturais que se obteñen do medio ambiente, poñémolo en perigo e esgotámolo. O aire e o auga están contaminándose, os bosques están desaparecendo, debido ós incendios e á explotación excesiva e os animais vanse extinguindo polo exceso da caza e da pesca.
EDUCACIÓN AMBIENTAL
RESIDUOS
Os Residuos sólidos urbanos constitúen actualmente un dos máis serios problemas medioambientais derivados das actividades produtivas e de consumo. Varios factores contribuíron ó agravamento deste problema durante as últimas décadas:
1. Na natureza todo se aproveita pero o home rachou co ciclo natural de circulación da materia. Coa aparición da gandería e a agricultura, inaugúrase unha nova etapa na que o ser humano deixa de depender directamente dos recursos naturais espontáneos que se atopa. Xorden poboacións estabeis que dan lugar a unha maior poboación. Isto provoca unha maior produción de desfeitos que cada vez son máis complicados de ser descompostos e reciclados.
O home actúa na natureza como productor e consumidor pero non como descompoñedor. Esta situación víuse agravada nos últimos cincuenta anos coa migración masiva das poboacións do campo á cidade.
2. O crecemento da poboación, concentrada principalmente nas grandes áreas urbanas, provocou un aumento indiscriminado dos residuos, moi por enriba das solucións que se puxeron en práctica para a súa eliminación ou recuperación.
3. A evolución da sociedade de consumo deu lugar a un cambio de comportamento nas pautas tradicionais do consumo. Dase un aumento na utilización de produtos dun só uso, así como un aumento no sobreempaquetado dos produtos, o que provoca un aumento no volume dos residuos á par que un estrago de recursos non renovabeis.
4. A carenza de sistemas de tratamento e eliminación acordes co volume e tipo dos residuos producidos, e eficaces dende o punto de vista medioambiental.
5. A falla dunha conciencia e educación cidadá sobre os problemas medioambientais que responsabilice e incite á poboación a tomar parte activa na resolución desta problemática.
As distintas actividades humanas producen distintos tipos de residuos, cunhas características diferentes, un nivel de perigosidade e toxicidade diferente e un tratamento diferente. As actividades humanas determinarán a tipoloxía que tomemos para clasificalos residuos. Así, os distintos tipos de actividades que xeran residuos son:
* Actividades Domésticas: restos de comidas, envases.
* Actividades Industriais: pinturas, ácidos, chatarras, disolventes.
* Actividades Agro-Gandeiras: esterco, palla, restos vexetais.
* Actividades Forestales: pólas, palla, estelas.
* Actividades Comerciais: embalaxes, envases.
* Actividades Sanitarias: vendas, medicamentos, xiringas.
Determinadas as actividades xeradoras de residuos, atopamos catro tipos de Residuos:
1. Residuos Agrarios e Gandeiros
2. Residuos Industriais
3. Residuos Sanitarios
4. Residuos Agrarios e Gandeiros
5. Residuos Sólidos Urbanos
¿Os Residuos non Valen para Nada?
¿Que Podemos Facer?
O Vidro
O Plástico
As Pilas
SERVIZO DE AUGAS
A auga no noso país é un ben escaso e valioso; utilizala de forma racional é unha obriga de tódolos cidadáns, para asegurar ás próximas xeracións un mundo habitable. A cantidade total de auga que hai na terra é de aproximadamente1,28.10(9) Km3. De toda a auga da terra só o 2.6 % é doce, pero desta o 98 % está en forma de xeo,, e con isto solamente debemos de arranxarnos os seres vivos.
Nunha cidade o ciclo da auga comeza nos puntos de abastecemento dende onde se conduce ata as prantas potabilizadoras para facela apta para o consumo e distribuíla. As augas utilizadas (residuais) son conducidas pola rede do rede de sumidoiros ata as prantas depuradoras onde son tratadas antes de ser vertidas ó mar
As fontes de subministro da auga normalmente proveñen de dous tipos de recursos: as augas superficiais e as augas subterráneas.
A continuación vén o subministro da auga que normalmente se leva a cabo por unha empresa que garantirá o cumprimento dos requisitos hixiénico-sanitarios de potabilidade .
A auga nunha cidade destínase basicamente a uso doméstico, industrial ou comercial e a servizos municipais como o rega ou a limpeza das rúas. Unha completa rede de distribución conduce a auga dende os orixes ata estes puntos de consumo.
A miúdo, infraestrutura como a rede de sumidoiros, tan importantes para o bo funcionamento dunha gran cidade, son case descoñecidas pola maioría da xente. Lonxe de ser un elemento pasivo que se limitaría a transportar ata o mar as augas pluviais e residuais da cidade, a rede de sumidoiros permite controlar diversas variables para reducilos riscos de inundación ou previr posibles contaminacións producidas por descargas incontroladas.
Despois de ser utilizadas, parte das augas son conducidas a través da rede de rede de sumidoiros ata a estación depuradora onde son tratadas .
A auga é esencial para a vida de calquera cidade, concello ou pobo.
Ordenanza
Tarifas
Distribución e Consumo
Sumidoiros
Ben Escaso, consellos de aforro
Ciclo da Auga
NORMATIVA
- Municipal
- Autonómica
- Protección de animais
- Plan industrial xestión de residuos
- Normativa Galega de MedioAmbente
- Normativa sobre residuos
- Normativa sobre pesca
- Lei da conservación da natureza galega
- Lei de augas de Galicia
- Lei de caza de Galicia
- Nacional
- Residuos de envases
- Lei de montes
- Lei do Ruido 37-2003
- Lei 9-1999 sobre a conservación da natureza
- Lei sobre Contaminación Acustica
- Plan forestal español
- RAMINP
- Reglamento actividades molestas, insaubres, nocivas e perigosas
- De utilidade
- Glosario medioambiental
- Red Natural 2000 en Galicia
- Normativa Galega de MedioAmbente
- Libro agricultura introducción
- Libro agricultura Colaboradores
- Libro Blando do auga Introducción
- Plan nacional de residuos Indice
- Plan nacional de residuos 1-4
- Plan nacional de residuos 5-6
- Plan nacional de residuos 7-9
- Plan nacional de residuos 10-12
MODELO DE SOLICITUDE
MODELO DE SOLICITUDE
XESTION DE RESIDUOS: Cores dos contenedores
Seccións máis visitadas
NOVAS DO CONCELLO DE COSPEITO
Toda a actualidade: avisos, novas e eventos de interese...ACTA DE BAREMACIÓN DA FASE DE CONCURSO NO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE DOUS (2) PRAZAS DE SOCORRISTA A TEMPO COMPLETO.
20260701_Outros_Acta-tribunal-baremación-socorristasDescarga
LISTA DEFINITIVA ADMITIDOS, NOMEAMENTO DO TRIBUNAL E DATA , HORA E LUGAR DA PROBA PRÁCTICA PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS 2026
20260630_Outros_DECRETO-2026-0471-APROBACIÓN-LISTA-definitiva-brigada-de-incendios-nomeamento-do-tribunal-e-data-hora-e-lugar-da-proba-prácticaDescarga
APROBACIÓN LISTA DEFINITIVA SOCORRISTAS, NOMEAMENTO TRIBUNAL E DETERMINACION DATA BAREMACION PROCESO SELECCIÓN 2 PRAZAS DE SOCORRISTA A TEMPO COMPLETO
APROBACIÓN-LISTA-DEFINITIVA-SOCORRISTAS-NOMEAMENTO-TRIBUNAL-E-DETERMINACION-DATA-BAREMACIONDescarga
LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS 2026
APROBACIÓN-LISTA-PROVISIONAL-BRIGADA-DE-INCENDIOSDescarga
BASES PARA A PROVISIÓN DE 2 PRAZAS DE SOCORRISTA A TEMPO COMPLETO , DE PERSOAL LABORAL NA MODALIDADE DE CONTRATO DE TRABALLO COAS CLÁUSULAS ESPECÍFICAS DE CONTRATO PARA A MELLORA DA OCUPABILIDADE E A INSERCIÓN LABORAL
20260615_Outros_BASES-CONCURSO-SOCORRISTAS-2026Descarga
ANUNCIO LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS CAMPAMENTO DE VERÁN 2026
ANUNCIO-LISTAS-DEFINITIVAS-ADMITIDOS-CAMPAMENTO-2026Descarga
ANUNCIO LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS CAMPAMENTO DE VERÁN 2026
ANUNCIO-LISTA-PROVISIONAL-DE-ADMITIDOS-CAMPAMENTO-VERÁN-2026-10.06.26Descarga
NOMEAMENTO DE DIRECTOR , ACEPTACIÓN RENUNCIA MONITOR E NOVO NOMEAMENTO MONITOR DE LEVANTAMENTOS E REPLANTEOS DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO CAMIÑO DA CHAIRA IX
Nomear-Director-e-aceptar-renuncia-e-nomear-a-monitor-levantamentos-e-replanteos-obradoiroDescarga
ACTA DA SESIÓN DO TRIBUNAL DE DATA 8 DE XUÑO DE 2026 PARA A COBERTURA DO DIRECTOR, PARA OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO CAMIÑO DA CHAIRA IX
20260608_Acta_ACTA-OBRADOIRO-directorDescarga
Cospeito
«De ouro e sobre ondas de azur e prata, unha cruz floronada de gules, cargada de cinco veneras de prata; mantelado de gules con dúas torres de ouro. Ao timbre, coroa real pechada.»
Contacto
Avenida da Terra Chá, 29
Cospeito(Lugo)
Tlf: 982 52 00 01
Mail: concellodecospeito@concellodecospeito.es
Mapa de situación
