Servizos Sociais

|Concello de Cospeito
VIOLENCIA DOMÉSTICA

< Volver Atrás

Despois deste breve percorrido polas diferentes formas que adopta a violencia estrutural contra as mulleres imos centrarnos na doméstica, nas súas características e nos mecanismos que a sociedade utiliza para non crearse demasiado sentimento de culpa ante unha realidade tan escalofriante, indigna de sociedades chamadas desenroladas e democráticas e abafadora, non só dende o punto de vista numérico, senón, sobre todo, pola súa significación social e política.

¿Por que este terrorismo cara as mulleres, que provoca máis vítimas que o chamado terrorismo de estado, non é un problema de Estado de primeiro orde? ¿Por que esta falla de reacción colectiva? ¿Por que o silencio das vítimas (só se denuncian o 10% dos casos de maltrato)?

¿ Veranse ampliadas e concretadas en Acaso pola minimización e normalización que desta violencia fai a sociedade (o 46% dos europeos cre que son as propias mulleres quen provocan os malos tratos)? ¿ Pola falla de protección por parte dos poderes públicos?

Quizais as características e os mitos e tópicos que rodean á violencia doméstica poidan axudarnos a responder a estas preguntas.

Características:

  • Estrutural, está baseada nas normas e valores socioculturais imperantes na nosa sociedade, por iso a sociedade tenta minimizar e normalizar esta violencia. Así nos xulgados recóllense testemuños de homes que din “Pegueille só o regulamentario”, ou de mulleres “O meu marido pégame o normal pero esta vez pasouse”. Este é o título dun libro que remata de publicar un médico forense, Miguel Lorente no que conta a visión deste problema social que lle proporciona o seu trato cotidián coas persoas involucradas neste problema.
  • Colabora ó mantemento do “desorde social” imperante, ó contrario que a violencia contra a propiedade ou contra o estado por iso xera menor rexeito social.
  • Inmotivada, os motivos aducidos polos agresores son nimios incluso para eles
    Non se busca o anonimato, o agresor, en xeral, comete a agresión na propia casa ou en sitios públicos e despois entrégase.
    Excesiva: uso de instrumentos extravagantes e moi lesivos, como motoserras, etc., se propinan 60 puñadas e segundo a xustiza non se aprecia asañamento.
  • Busca, a miúdo, marcar á muller mediante o lume ou o ácido, por exemplo, en Bangla Desh ou na India onde unha muller é queimada con ácido cada 12 minutos.
  • É estendida, non só porque afecta a mulleres de tódolos países, culturas, etc. senón porque afecta ás persoas (fillos, fillas, nais, irmás…) que aman ou a obxectos que aprecian.

Mecanismos de defensa:

Como é moi duro de recoñece-la existencia de tanta inxustiza, sen facer gran cousa por combatela e sen sentirse cómplice precísase buscar escusas a estas agresións tan xeneralizadas e hainas de tres tipos:

  1. As que fan alusión ó agresor: é un psicópata, un alcohólico, un drogadicto, un marxinado …
  2. As que inciden na personalidade da vítima: é masoquista, “vaille a márcha”, ou ben ela é unha maltratadora psicolóxica, “algo fará”
  3. Por último, as que se centran no contexto sociocultural: marxinación e exclusión social, frustracións e violencia que xera esta sociedade.
  4. Pero sendo innegabel que estes feitos existen non explican, nin moito menos, a alta taxa de agresións contra as mulleres que existen en todo o mundo porque:
    1. Hai moitos agresores que non responden en absoluto ó estereotipo antes presentado, ó contrario moitos son tipos encantadores na rúa, no traballo, e pertencen a sectores sociais privilexiados.
    2. En canto á personalidade da vítima non hai moito que dicir, non serve, nin sequera, de escusa senón que é un reflexo máis da sociedade patriarcal e androcéntrica, ningunha das características anteriormente mencionadas xustifican a agresión e, ademáis, nos estudios realizados sobre o perfil das vítimas só o 19% delas tiña antecedentes psiquiátricos.
    3. No referente á sociedade, é certo que xera violencia e frustracións pero isto non explica que a violencia sexa, tan selectiva, a exercen, fundamentalmente, os homes contra as mulleres do seu medio familiar, especialmente contra as súas parellas e non contra calquera outra persoa, a exercida polas mulleres non é comparable nin nas estatísticas nin, especialmente, no significado.

Unha forma de minimizala violencia e de alivia-lo sentimento de culpa é rodeala dunha aureola romántica que non ten, así podemos ler titulares como: “Un ancián con cancro mata á súa muller con alzheimer”; ou ben outros que fan alusión a crimes pasionais, tales como “Asestou seis puñadas á súa noiva nun arrebato de celos”. O arrebato de celos é algo que se pode probar cientificamente pero non é o caso da violencia doméstica, esta consiste nun maltrato continuado e o asasinato é a súa culminación Outra forma é xustificala como problemas de convivencia, que hai problemas de convivencia, seguro que si, ¿pero tódolos problemas de convivencia que temos no traballo ou no Sindicato ou co forofo dun equipo diferente ó o noso resolvémolos pegando ou asasinando? Ademáis, en moitos casos aínda non se empezou a convivir e, noutros (máis do 90 %), xa se rematou a convivencia, os cónxuxes estanse separando.

Un claro expoñente dos mecanismos anteriormente citados pódese apreciar no ámbito xudicial. Segundo a exposición de xuristas como Mª Xosé Varela, delegada da Asociación de Mulleres Xuristas THEMIS, no recén clausurado Congreso Nacional de Violencia contra as Mulleres que tivo lugar en Xixón e, segundo os estudos realizados sobre xurisprudencia, as sentenzas dictadas en casos de malos tratos, tanto en materia penal como civil ou social resultan insatisfactorias.
Os tribunais tenden a minimizala violencia non empregando tódolos recursos dos que dispón. Case sempre se tramitan os casos como xuízos de fallas que a miúdo son consideradas polos xuíces como leves. Cando os malos tratos son tramitados como delito os xuíces impoñen as mínimas penas posibeis, calquera dato serve de atenuante para o agresor: que era un garda civil, que despois da agresión deulle un vaso de auga, etc., en cambio, calquera dato pode poñer en tea de xuízo o testemuño ou a saúde mental da vítima. Tódolos exemplos que poño son extraídos dos xornais.

Outros moitos xuízos non prosperan porque as vítimas non están en condicións de asumir todo o peso da acusación e as Fiscalías que deberían leva-lo peso da acusación non sempre poñen o celo suficiente.

Por último, dicir que a xustificación da violencia vese reflectida en sondaxes que se fixeron para saber que opinións ten a poboación española e europea respecto á violencia, un dos resultados é bastante revelador da tese que mantemos neste escrito, a saber, o 46% dos europeos cre que son as propias mulleres quen provocan os malos tratos.
Así mesmo os medio de comunicación ofrécennos diariamente testemuños da realidade que rematamos de expoñer, tanto no referente á violencia en si, como ás opinións que dela ten a sociedade. Propón un tratamento sensacionalista, morboso, fragmentado sen análise nin seguimento, todo isto o que fai é narcotizar á audiencia e por este camiño a violencia aparece trivializada e minimizada.
< Volver Atrás

NOVAS DO CONCELLO DE COSPEITO

Toda a actualidade: avisos, novas e eventos de interese...

Cospeito

«De ouro e sobre ondas de azur e prata, unha cruz floronada de gules, cargada de cinco veneras de prata; mantelado de gules con dúas torres de ouro. Ao timbre, coroa real pechada.»

Contacto

Avenida da Terra Chá, 29
Cospeito(Lugo)
Tlf: 982 52 00 01
Mail: concellodecospeito@concellodecospeito.es

Mapa de situación